Organizadores: Enio Viterbo e Lisandro Cañón
Contacto: redet@galicia.com
Data límite para o envío de propostas: 15 de febreiro de 2021.
Cota de inscrición: gratuíta.
A Red Internacional de Estudios sobre Estados de excepción y terrorismo de Estado, organizadora das Xornadas de investigadores/as noveles: Xustiza Transicional, Memoria Histórica e Dereitos Humanos, informa que abriu o prazo para presentar propostas de comunicación.
As xornadas, orientadas á participación de investigadores/ as noveis, independentemente das súas idades, desenvolveranse de maneira telemática, a través da plataforma Microsoft Teams. A matrícula, tanto para comunicantes como para asistentes, é gratuíta.
As propostas de comunicación deben cinguirse ás liñas temáticas das xornadas. Só se admitirá unha proposta por persoa. O texto da proposta, incluído o título e tres palabras chave, non deberá superar as 500 palabras. As propostas deben enviarse ó correo electrónico redet@galicia.com As pautas e o formulario para o envío das propostas áchanse dispoñibles na web da Red (redredet).
Institución colaboradoras:
