As persoas interesadas en presentar unha comunicación deberán remitir a súa proposta ata o día 15 de maio de 2021

O texto da proposta, incluído o título e tres palabras chave, deberá ter como mínimo 400 palabras, pero non deberá superar as 500 palabras.


1.- Cumprimentar a “Ficha proposta”, e remitila ao correo de contacto: redet@galicia.com

2.- Admítense propostas de ata dun máximo de dous autoras/es.

3.- Unha persoa só pode participar cunha proposta, independentemente de se é individual o en parella.

4.- A proposta, cuxa extensión máxima é de 500 palabras e nunca inferior as 400 palabras, debe conter indefectiblemente: obxectivos e temática abordada (debidamente delimitada).

5.- Preferentemente as propostas de comunicación deben cinguirse ás liñas temáticas do Encuentro. Aquelas propostas que desborden as liñas temáticas serán, igualmente, consideradas.

6.- Os idiomas aceptados para as propostas son: Galego, Portugués, Italiano, Castelán, Inglés. Este último aspecto, non é excluínte para quenes desexen presentar ás súas propostas noutras linguas.


Recibiranse propostas ata o sábado 15 de maio de 2021 -data imprórrogable-

Conxuntamente co comité organizador traballará un comité científico. Este último analizará as propostas recibidas e informará ao comité organizador sobre as propostas aceptadas e non aceptadas. O día 15 de xullo, o comité organizador, contactará cos/as autores/as para darlles a coñecer a decisión.

O comité organizador, a suxerencia do comité científico, preparará a estrutura académica do programa do congreso. Así, as comunicacións aceptadas serán distribuídas nos diferentes simposios, agrupando comunicacións coa mesma temática.

A decisión sobre a aceptación da proposta comunicarase, por correo electrónico, o día 15 de xullo de 2021.


As persoas, cuxas propostas sexan aceptadas, deberán enviar o texto da súa comunicación o día 30 de outubro.

O texto da comunicación deberá ter un máximo de 4.000 palabras (incluídas as notas ao pé de páxina e a bibliografía). Este texto, será remitido aos/ as  relatores/ as de cada simposio, a efectos de que poida realizar os comentarios pertinentes no momento da presentación oral.


Institución colaboradoras: